Evento/event

V iMATUS Thesis Pitch

O vindeiro 29 de xuño de 2026 celebrarase no salón de actos de iMATUS a quinta edición do iMATUS Thesis Pitch, unha iniciativa dirixida ao estudantado de doutoramento vinculado ao instituto para divulgar a súa investigación nun formato dinámico e accesible.

As persoas participantes disporán de 5 minutos de exposición pública para presentar a súa tese en galego, castelán ou inglés. Poderán participar doutorandos e doutorandas que estean, como mínimo, no segundo ano de tese e que estean supervisados por persoal investigador de iMATUS.

Inscrición:

  • O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 19 de xuño de 2026.
  • As solicitudes deberán enviarse ao correo electrónico: ✉️ imatus.info@usc.es

Indicando:

  • Nome completo
  • Título da tese
  • Supervisores
  • Data de inicio da tese

Non poderán participar as persoas gañadoras da edición anterior.

Lugar de celebración

📍 Sede de iMATUS

Premios:

  • Tódalas persoas participantes recibirán un pendrive co logotipo de iMATUS.

Ademais, as tres persoas gañadoras obterán:

  • Diploma acreditativo
  • Gravación dun vídeo divulgativo para a súa publicación en YouTube (A gravación dos vídeos realizarase ao día seguinte do evento).

⚠️ Exceder o límite de 5 minutos poderá ser motivo de descalificación.

Fecha

29 /06 / 2026

Hora

Todo el día

Localización

Edificio iMATUS, Salón de Actos
Avda. Mestre Mateo s/n