
Instituto de Materiais
Coñecemento
excelente na
fronteira científico-tecnolóxica
iMATUS
O Instituto de Materiais (iMATUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) creouse o 29 de decembro de 2020, a partir dos logros alcanzados pola Agrupación Estratéxica en Materiais (AeMAT) durante os seus tres anos de actividade e da ampla experiencia en transferencia de tecnoloxía ao sector industrial do antigo Instituto de Cerámica.
iMATUS aspira a ser un centro de investigación de referencia internacional no campo dos materiais. A misión do Instituto é facer ciencia multidisciplinar de excelencia e ter un impacto científico e socioeconómico nas áreas dos materiais aplicados á saúde, a industria, as tecnoloxías emerxentes, o medio ambiente e a enerxía, apoiándose no ecosistema de I+D+i con que conta Galicia.
iMATUS ten como obxectivo converterse nun centro de atracción de investigadores destacados no campo dos materiais, que poidan impulsar de maneira colaborativa a formación de mozos investigadores e a transferencia de coñecemento en beneficio da ciencia, a actividade produtiva e a sociedade en xeral.
Últimas novas
Próximos eventos
Seminario tractor 5 (ST5) – CICLO de SEMINARIOS TRACTORES en iMATUS: A VANGARDA DA INVESTIGACIÓN
Seminario tractor 6 (ST6) – CICLO de SEMINARIOS TRACTORES en iMATUS: A VANGARDA DA INVESTIGACIÓN
II iMATUS Thesis Pitch
Investigación
Materiais para a Saúde

Liña 1: Plataformas biomiméticas para a teragnóstica das enfermidades cardiovasculares e o cancro
Liña 2: Órganos nun chip e scaffolds para medicina rexenerativa
Materiais para a Industria e Tecnoloxías Emerxentes

Liña 3: Fotónica, materiais cuánticos e topolóxicos
Liña 4: Catalizadores heteroxéneos avanzados
Materiais para Enerxía e Medioambiente
