NOTICIAS / NOVAS / NEWS

Álvaro Goyanes dentro do 1% dos “Highly Cited Researchers 2023”

A lista dos Investigadores Altamente Citados 2023 inclúe un total de 6.849 destacados investigadores, onde Álvaro Goyanes é o único representante da USC.

O investigador de iMATUS Álvaro Goyanes é o único investigador da Universidade de Santiago de Compostela incluído (de novo) na prestixiosa lista ‘Highly Cited Researchers’ do ano 2023, elaborada por Web of Science. Este selecto análise, que identifica aos investigadores cuxos traballos se sitúan no 1% máis citado nos seus respectivos campos entre 2012 e 2022, destaca a contribución significativa de Goyanes ao ámbito da impresión 3D de medicamentos con doses personalizadas. Con máis de 90 artigos publicados e máis de 200 comunicacións en congresos internacionais, a súa labor pioneira neste campo foi fundamental.

Ademais da súa destacada traxectoria académica, Álvaro Goyanes é cofundador tanto de FABRX, a primeira empresa especializada na impresión 3D de medicamentos personalizados, como de FABRX Intelixencia Artificial, empresa galega dedicada ao emprego da intelixencia artificial no desenvolvemento farmacéutico.

O seu impacto trascende fronteiras, sendo profesor honorario na Facultade de Farmacia do University College London no Reino Unido. Desde 2019, Álvaro Goyanes foi recoñecido como Investigador Altamente Citado no campo de Farmacoloxía e Toxicoloxía, consolidándose como unha figura de relevancia mundial no ámbito científico.

Con unha avaliación exhaustiva que considerou 188.500 artigos en total, o recoñecemento no Highly Cited Researchers 2023 a Álvaro Goyanes reafirma o seu compromiso e aportes significativos ao avance da ciencia e a innovación no campo farmacéutico e dos materiais para a saúde.