iMATUS anuncia a apertura dunha nova convocatoria de bolsas de verán dirixidas a fomentar a iniciación á investigación. Esta iniciativa ten como obxectivo principal atraer a alumnado cun excelente expediente académico que desexe dar os seus primeiros pasos no ámbito científico a través de prácticas formativas extracurriculares.
Con esta resolución, publicada pola Reitoría o pasado 05 de maio de 2026, o iMATUS reafirma o seu compromiso coa formación de talento novo e a excelencia investigadora, permitindo que os beneficiarios se integren en proxectos de vangarda baixo a supervisión directa de investigadores/as principais do centro.
- Obxecto: Prácticas formativas extracurriculares no marco dun proxecto de investigación do iMATUS.
- Perfil do candidato: Estudantes de alto nivel interesados en áreas de investigación relacionadas cos materiais.
- Modalidade: Concorrencia competitiva (con reserva de prazas para alumnado da USC).
- Formación e mentoría: Cada bolseiro/a terá asignado un proxecto de investigación específico dentro das áreas de traballo do iMATUS.
- Prazo de presentación: 7 días naturais a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro da USC.
Máis información e solicitudes:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/139040/carga.htm
Corrección de erros:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/139075/carga.htm