Uncategorized @gl

Celebramos o Día Mundial dos Materiais poñendo o foco na ciencia multidisciplinar e no talento mozo

Onte celebramos a xornada “iMATUS Materials Day 2026: Materials that connect us” con motivo do Día Mundial dos Materiais. O encontro reuniu á comunidade investigadora do centro e contou coa participación destacada dos membros da Comisión Científica Externa: Amaya Igartua (TEKNIKER), Rosa Menéndez (CSIC) e Eduardo Saiz Gutiérrez (Imperial College London). Os tres expertos internacionais […]

Carmen Álvarez Lorenzo recibe o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera

A Cidade de Vitoria-Gasteiz acolleu onte a entrega dos Premios Nacionais de Investigación 2026, a máxima distinción da ciencia en España concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Na cerimonia, presidida polo Rey Felipe VI e coa participación da ministra Diana Morant e a reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, a directora do iMATUS, […]

iMATUS consolida a súa excelencia científica no prestixioso ranking do Top 2%

iMATUS volve a destacar a nivel internacional pola calidade e o impacto da súa investigación. Na máis recente actualización correspondente ao ano 2026 do prestixioso ranking elaborado pola Universidade de Stanford e Elsevier, que recoñece ao 2% dos investigadores máis influentes e citados a nivel mundial, figuran oito membros do iMATUS: Carmen Álvarez Lorenzo Ángel […]

A Dra. Lara Touza Otero, investigadora do iMATUS, galardoada co Primeiro Premio ÍCARUS á excelencia investigadora

A Dra. Lara Touza Otero, investigadora do Instituto de Materiais (iMATUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi distinguida co Primeiro Premio ÍCARUS a Teses de Doutoramento no ámbito das Ciencias da Saúde. Este galardón, outorgado pola USC, recoñece a excelencia investigadora e, fundamentalmente, o potencial de transferencia dos resultados de investigación cara ao […]

Proxecto de iMATUS e IDIS galardoado pola Fundación Mutua Madrileña para a rexeneración de pel mediante bioimpresión 4D

O proxecto “Pel autóloga programable para a rexeneración funcional de feridas“, liderado por investigadores do Instituto de Materiales (iMATUS) da USC, foi seleccionado na XXIII edición das Axudas á Investigación Médica da Fundación Mutua Madrileña. Esta iniciativa científica desenvolverase grazas a unha estreita colaboración entre o equipo de iMATUS e outros dous grupos do Instituto […]

Tres investigadores de iMATUS obteñen as prestixiosas axudas posdoutorais da Xunta

En iMATUS, a excelencia non é só un obxectivo, é a nosa marca de identidade. Estamos de celebración tras coñecerse a resolución das axudas posdoutorais do Sistema Universitario Galego (SUG) para 2026, onde tres dos nosos investigadores destacaron con luz propia. O futuro da ciencia en mans de iMATUS O rigor, a innovación e a […]

O director da Agencia Estatal de Investigación visita iMATUS

iMATUS tivo hoxe a honra de recibir a visita de José Manuel Fernández de Labastida, director da Agencia Estatal de Investigación (AEI). Durante o seu paso polas nosas instalacións, tivo a oportunidade de coñecer en profundidade as liñas de investigación estratéxicas que desenvolve o noso instituto. A xornada comezou coa sinatura no libro de honra […]

iMATUS renova a certificación ISO 45001

O iMATUS vén de renovar a certificación do seu Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo conforme á norma ISO 45001:2018. Este recoñecemento, outorgado por AENOR e avalado internacionalmente a través da rede IQNET, acredita que o instituto mantén un sistema eficaz para a prevención de riscos laborais e a promoción dun contorno […]