Xa está dispoñible o programa do Workshop de Novos Investigadores iMATUS que se celebrará o venres 22 de xullo
Podes descargar o programa na seguinte ligazón: Programa
IX Iberian Meeting on Colloids and Interfaces (RICI IX) July 10-13, 2022
Pablo Taboada e outros investigadores vinculados a iMATUS organizan este congreso. RICI IX ofrece un programa científico que cubre temas de vanguardia en ciencia de interfases e coloides con conferencias plenarias e invitadas, xunto con comunicacións científicas. Máis información
Do 13 ao 17 de xuño, investigadores de iMATUS presentan no ICS20 materiais supramoleculares baseados en ciclodextrinas.
A conferencia terá lugar en Giardini Naxos (Messina, ITALIA), e será organizada conxuntamente polo Consello Nacional de Investigacións (CNR) e a Universidade de Messina, Italia. O Premio Nobel de Química de 2016, Sir James Fraser Stoddart, será o orador do pleno inaugural. Máis información.
Investigadores da USC do CiMUS e o iMATUS establecen un novo enfoque no tratamento de tumores
As actuais terapias contra o cancro vense limitadas porque a enfermidade evoluciona para evadir os fármacos, reproducirse e provocar metástases. Unha nova molécula sintetizada polo grupo Nanomag da USC superou esta dificultade, atacando o metabolismo enerxético que é necesario para a progresión do tumor Máis información
Investigadores do IDIS e do CiMUS da USC lideran o primeiro ensaio dun fármaco oral para o tratamento de pacientes con COVID, destinado a frear a multiplicación do virus
SIGMA4COVID é o nome do ensaio que se está a realizar en diversos centros de Atención Primaria de Galicia e Cataluña e que está promovido, entre outros, polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), o Hospital del Mar de Barcelona e a Farmacéutica ESTEVE. Está homologado pola Axencia Española do Medicamento, AEMPS, […]
Tecnoloxía para optimizar o proceso de descubrimento de moléculas e fármacos
A spin-off BFlow S.L. froito do esforzo de transferencia de investigadores de iMATUS recibe un premio da Real Academia Galega de Ciencias. Máis información
Bolsas para a iniciación á investigación iMATUS 2022
O obxecto das bolsas será o de fomentar a iniciación á investigación mediante a atracción de estudantes de alto nivel interesados en realizar unhas prácticas formativas no marco dun proxecto de investigación. Información da convocatoria Prazo de presentación: ata o 03 de xuño de 2022.