NOTICIAS / NOVAS / NEWS

Celebramos o Día Mundial dos Materiais poñendo o foco na ciencia multidisciplinar e no talento mozo

Onte celebramos a xornada “iMATUS Materials Day 2026: Materials that connect us” con motivo do Día Mundial dos Materiais. O encontro reuniu á comunidade investigadora do centro e contou coa participación destacada dos membros da Comisión Científica Externa: Amaya Igartua (TEKNIKER), Rosa Menéndez (CSIC) e Eduardo Saiz Gutiérrez (Imperial College London). Os tres expertos internacionais puxeron en valor o carácter multidisciplinar da investigación desenvolvida no iMATUS, así como o papel fundamental que desempeñan os mozos e mozas científicas na xeración de coñecemento e na procura de solucións innovadoras para os retos actuais.

Ponencia de Amaya Igartua

Un programa completo para amosar a ciencia en acción

A xornada abriuse coa conferencia inaugural “Opening Perspective – The Future of Materials Science”, a cargo de Amaya Igartua, quen analizou as principais iniciativas e estratexias europeas no eido dos materiais avanzadas.

A continuación, a sesión “iMATUS Research in 6 Voices” deu voz a investigadores do centro para expoñer os avances nos tres eixes estratéxicos do instituto:

  • Materials for Health: coas intervencións de Bárbara Blanco Fernández e Alberto Pardo Montero.
  • Materials for Industry & Emerging Technologies: a cargo de Yago Radziunas Salinas e Jesús Liñares Beiras.
  • Materials for Energy & Environment: presentado por Antonio Moreda Piñeiro e Mª Jesús García Guimarey.

Un dos momentos máis dinámicos da mañá foi a sesión “MATERIALS IN ACTION”, unha exposición interactiva con postos onde os equipos de investigación amosaron prototipos, dispositivos e resultados directos dos seus traballos.

Proxectos interdisciplinares e estratexia de futuro

No bloque “CROSSING THE AXES – From Connections to Projects”, presentáronse os resultados dalgús dos proxectos colaborativos coas intervencións de Luis Díaz Gómez, Nery García Porta e Manuel A. González Gómez.

O programa pechouse coa mesa de debate “BUILDING THE NEXT iMATUS”, un espazo de diálogo entre a Comisión Científica Externa, a Vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta da USC, Almudena Hospido Quintana, e o persoal investigador do instituto para reflexionar sobre as liñas estratéxicas e o fortalecemento da proxección internacional do centro.

Asistencia al networking