NOTICIAS / NOVAS / NEWS

Concluída a V edición do iMATUS Thesis Pitch: un éxito de talento e divulgación científica

iMATUS acolleu hoxe, 29 de xuño de 2026, a celebración do V iMATUS Thesis Pitch, unha xornada dedicada a visibilizar o traballo do estudantado de doutoramento vinculado ao noso instituto. O evento destacou polo altísimo nivel científico e a capacidade comunicativa das e dos participantes, que presentaron os seus proxectos de investigación nun formato dinámico e accesible.
Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer ao estudantado, a partir do segundo ano de tese, un espazo para divulgar os seus avances de investigación en tan só cinco minutos, utilizando galego, castelán ou inglés.
Unha xornada de alto nivel
A sesión contou cunha axenda de presentacións que abarcaron diversas áreas estratéxicas do iMATUS:

• Alejandro Ramírez Romero: Andamios piezoeléctricos recubertos con membranas celulares para medicina rexenerativa personalizada.
• Ángel Míguez Roel: Estudo teórico-computacional do transporte en líquidos iónicos confinados en nanoestructuras complexas.
• Lara Pazos Soto: Estudios de bioaccesibilidad para a avaliación da exposición humana a contaminantes químicos provintes de envases a través da dieta.
• Lucía Aboal Castro: Andamiaxe avanzado para inxeniería de tecidos complexos.
• Raúl Lois Cuns: Simulación de electrolitos densamente iónicos en confinamento.
• Sheila González Barcia: Desenrolo de metodoloxías analíticas para o análise de nanopartículas metálicas en matrices ambientais.
• Uxía Gato Díaz: Desenrolo de modelos preclínicos de cancro de mama para cribado farmacolóxico.

Premiadas da edición 2026
Trala deliberación o xurado recoñeceu a calidade excepcional das intervencións, proclamando como gañadoras a

  • Lucía Aboal Castro
  • Uxía Gato Díaz
  • Lara Pazos Soto.

Como recoñecemento ao seu esforzo e excelencia, as tres gañadoras recibiron un diploma acreditativo e terán a oportunidade de realizar a gravación dun vídeo divulgativo para a súa publicación na canle de YouTube do instituto, contribuíndo así á difusión social da ciencia realizada no iMATUS

Queremos felicitar a tódalas persoas participantes polo seu excelente desempeño e agradecer a súa implicación nesta V edición do Thesis Pitch, que reafirma o noso compromiso coa formación e a divulgación da nova xeración de investigadores e investigadoras