NOTICIAS / NOVAS / NEWS

O director da Agencia Estatal de Investigación visita iMATUS

iMATUS tivo hoxe a honra de recibir a visita de José Manuel Fernández de Labastida, director da Agencia Estatal de Investigación (AEI). Durante o seu paso polas nosas instalacións, tivo a oportunidade de coñecer en profundidade as liñas de investigación estratéxicas que desenvolve o noso instituto.

A xornada comezou coa sinatura no libro de honra do instituto, un momento simbólico que reflicte a importancia desta visita para o noso centro. Posteriormente, a delegación realizou un percorrido polos laboratorios da nosa sede, onde o persoal investigador puido presentar os avances máis recentes e os retos tecnolóxicos que abordamos dende o iMATUS.

O director da AEI estivo acompañado por Lourdes Armesto López, directora de Gestión Científica y Tecnológica da AEI, e por Gonzalo Arévalo, asesor sénior da Dirección da mesma axencia. Tamén formou parte da comitiva a vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta da Universidade de Santiago de Compostela, Almudena Hospido Quintana.

Esta visita reafirma o compromiso do iMATUS coa excelencia investigadora e a transferencia de coñecemento, reforzando os vínculos coas entidades que impulsan a ciencia e a tecnoloxía a nivel estatal.