3rd Workshop on Magnetic Nanoparticles and Hyperthermia: Anisotropy and Other Adventures
Comprécenos anunciar a próxima celebración do “3rd Workshop on Magnetic Nanoparticles and Hyperthermia: Anisotropy and Other Adventures”, que terá lugar no iMATUS, do 19 ó 21 de abril de 2023, organizado por David Serantes, membro de iMATUS, e o profesor Roy Chantrell, da University of York (UK). O terceiro dunha serie de reunións adicadas a nanopartículas magnéticas e hipertermia, esta edición consistirá de dous días de charlas convidadas, e un día adicado a tutoriais.
Os tutoriais estarán centrados na anisotropía, dado o seu papel central no quecemento. As charlas de investigación incluirán sesións específicas do quecemento local/global, a súa determinación, e o papel da evolución coloidal.
O rexistro é gratuíto ata completar o aforo (60 personas). Inda que o evento está principalmente centrado en charlas dadas por especialistas, está planeada tamén unha sesión de pósteres. Os detalles do evento pódense consultar en: https://nanomaheat.net/