Evento/event

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O Instituto de Materiais da Universidade de Santiago de Compostela (iMATUS) celebrará o 11 de febreiro de 2026 o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cunha xornada de portas abertas dirixida a centros educativos e ao público xeral. Esta iniciativa enmárcase no firme compromiso do instituto coa igualdade de xénero, a promoción das vocacións científicas e a ruptura de estereotipos asociados á ciencia e á tecnoloxía.

A actividade está orientada a centros de educación primaria, secundaria e formación profesional, así como a todas as persoas interesadas en coñecer de preto a investigación en materiais que se desenvolve no iMATUS. É necesaria inscrición previa a través do correo electrónico imatus.info@usc.es.

A xornada dará comezo ás 12:15 h coa quinta edición de “Ultravioletas”, organizada pola asociación estudantil Luzada en colaboración co iMATUS. Baixo o título “Conciliar sen renunciar á ciencia”, a sesión incluirá unha charla de Alicia Villalba Sánchez e unha mesa redonda coa participación de Alba Alonso Álvarez e Jorge García Marín, centradas na conciliación e na igualdade no ámbito universitario.

Pola tarde, entre as 16:00 e as 19:00 h, desenvolveranse sesións de portas abertas con experimentos científicos en directo, guiados por persoal investigador do iMATUS. O público poderá descubrir, entre outros, o deseño de órganos nun chip, a encapsulación de fármacos, a impresión 3D de materiais cerámicos, a mobilidade baseada no hidróxeno verde, a polarización da luz ou a levitación magnética, nun percorrido dinámico e participativo pola ciencia dos materiais.

A xornada está organizada pola Comisión de Igualdade de Xénero e polo persoal do iMATUS, consolidando esta cita como unha das actividades divulgativas máis destacadas do instituto.

Data

11 /02 / 2026
Expired!

Hora

12:15 - 19:00

Location

Edificio iMATUS