Evento/event

Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da USC

Acto de constitución do Seminario Permanente de Transición Enerxética e Competitividade Industrial da USC (SPERTUS), financiado recentemente polo Consello Social da USC que terá lugar o día 30 de novembro ás 16:30 h na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

Este acto, presidido polo Reitor da USC, contará coa presencia do Vicepresidente Segundo y Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, a Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, ademais dunha nutrida representación de empresas, industrias, sindicatos, clústeres económicos relevantes, centros de investigación e tecnolóxicos tanto de Galicia como doutras comunidades, así como dunha ampla representación das tres universidades galegas. No acto de apertura impartirá unha conferencia o Sr. Presidente de Petronor, Emiliano López Atxurra. 

O seminario SPERTUS pretende ser un think tank de reflexión estratéxica sobre o escenario enerxético mundial e as súas implicacións na estrutura industrial e económica de España e de Galicia, participando e promovendo a formación de profesionais do sector, tanto a nivel universitario como técnico, así como a cultura do aforro e de eficiencia enerxética. Todo isto contribuiría a converter á USC (e a Galicia, consecuentemente) nun polo de reflexión estratéxica de referencia no sector de produción e acumulación de enerxía, e incrementará a súa presenza no sector industrial. Xunto a este acto de constitución, nesta primeira xuntanza de SPERTUS, que se estenderá ao día 1 de decembro, terán lugar seis mesas redondas de debate divididas por temática: Económica, Xurídica, Científico-técnica, Industrial, Administrativa, Social, cultural e de Seguridade.

Data

30 /11 / 2021 - 01 /12 / 2021
Expired!