NOTICIAS / NOVAS / NEWS

Francisco Guitián, galardoado nos Premios Santa Bárbara 2023

Os Premios Santa Bárbara 2023 concedidos pola Cámara Oficial Mineira de Galicia foron entregados o pasado 1 de decembro en Mondariz.

Francisco Guitián Rivera, Coordinador da Unidade Tecnolóxica e de Transferencia ao sector Produtivo de iMATUS, foi honrado co “premio Traiectoria” pola súa vida dedicada á minería a través das súas investigacións, e a súa contribución esencial ao desenvolvemento económico da rexión. Guitián é profesor emérito de ciencia e tecnoloxía de materiais e foi director do Instituto de Cerámica de Galicia dende a súa creación ata a súa evolución xunto coa AEMAT ao actual iMATUS.

Durante a cerimonia, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, defendeu unha minería sostible, e respectuosa co medio ambiente, que maximice os beneficios sociais e económicos e estea alineada coas necesidades do tecido industrial galego.

Este recoñecemento non só celebra os logros individuais, senón tamén destaca o compromiso de iMATUS coa investigación de excelencia en materiais, e a súa contribución ao desenvolvemento económico de Galicia, aportando tecnoloxía e I+D colaborativa para facer máis competitiva a súa industria.