NOTICIAS / NOVAS / NEWS

Galicia analiza os retos da transición enerxética e industrial no novo contexto xeopolítico

O 21 de maio no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrarase o seminario “Transición enerxética e industrial. Galicia ante o novo contexto xeopolítico”, unha xornada de reflexión e diálogo sobre os desafíos e oportunidades que a transformación enerxética e a nova situación internacional presentan para o futuro da industria gallega.

Nun escenario global marcado pola reconfiguración xeopolítica, a aceleración da electrificación da economía e a necesidade de fortalecer a autonomía estratéxica europea, Galicia afronta unha oportunidade clave para consolidar a súa posición industrial, mellorar as súas capacidades científicas e tecnolóxicas e avanzar cara a un modelo de desenvolvemento máis sostible, innovador e resiliente.

O evento reunirá a representantes institucionais, investigadores e axentes económicos e ambientais para abordar, desde diferentes perspectivas, os principais desafíos asociados á transición enerxética e ao futuro industrial da rexión.

Programa:

9:30 Benvida.

10:00 Presentación Institucional.

– Xunta de Galicia.

– USC: Reitoría.

– María Elena López Lago (Decana da Facultade de Física – USC).

– Laura Mª Lojo Rodríguez (Directora do Instituto de Humanidades da USC).

– Carmen Álvarez Lorenzo (Directora do iMATUS – USC).

– Rubén Camilo Lois González (Director do Instituto de Desenvolvemento e Estudos de Galicia – USC).

10:30 Mesa Redonda.

Moderador: Luis M. Varela (investigador do iMATUS – USC).

– Juan Manuel Vieites (Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia).

– Francisco Silva Castaño (Delegado de Iberdrola en Galicia).

– Francisco Méndez Gómez (Delegado da Federación Xeral de Industria – CCOO Galicia).

– Manoel Santos Díaz (Coordinador de Greenpeace Galicia).

– Fernando Val López (Director Xeral da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia).

– María Dolores Riveiro García (Catedrática de Fundamentos da Análise Económica. Directora do Departamento de Fundamentos da Análise Económica, Universidade de Santiago de Compostela).

 

Colabora: