NOTICIAS / NOVAS / NEWS

iMATUS consolida a súa excelencia científica no prestixioso ranking do Top 2%

iMATUS volve a destacar a nivel internacional pola calidade e o impacto da súa investigación. Na máis recente actualización correspondente ao ano 2026 do prestixioso ranking elaborado pola Universidade de Stanford e Elsevier, que recoñece ao 2% dos investigadores máis influentes e citados a nivel mundial, figuran oito membros do iMATUS:

  • Carmen Álvarez Lorenzo
  • Ángel Concheiro Nine
  • Carlos A. García González
  • Álvaro Goyanes Goyanes
  • Mariana Landín Pérez
  • M. Arturo López Quintela
  • Mario Pérez-Sayáns García
  • José Rivas Rey

Este recoñecemento pon de manifesto a lideranza do instituto en diversas áreas da ciencia de materiais, a nanotecnoloxía e a biomedicina.

Así mesmo, ao analizar a traxectoria e os datos acumulados en edicións anteriores desta mesma clasificación, á nómina de investigadores do iMATUS de alto impacto súmanse tamén:

  • Pilar Bermejo Barrera
  • Albano Carneiro Neto
  • Antonio Moreda Piñeiro
  • Francisco J. Otero Espinar
  • Carmen Remuñán López

A presenza continuada do persoal investigador do iMATUS nestas listas reflicte o compromiso do instituto coa investigación de vangarda, a transferencia de coñecemento e o avance científico con proxección internacional.