iMATUS celebra a concesión de dúas axudas do programa de Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia, un éxito que reforza o compromiso dos seus investigadores principais coa transferencia de coñecemento e a colaboración entre a universidade e o tecido empresarial. As axudas forman parte das 15 concedidas no conxunto do Sistema Universitario de Galicia.
As persoas beneficiarias son Sheila González Barcia, que desenvolverá a súa formación doutoral na empresa LABAQUA, S.A.U., baixo a codirección de Elena Peña Vázquez e María del Carmen Barciela Alonso, e Daniel Grandal González, que realizará o seu doutoramento industrial en FABRX ARTIFICIAL INTELLIGENCE, SL, supervisado por Álvaro Goyanes Goyanes e Carmen Alvarez Lorenzo.
Este recoñecemento pon en valor a capacidade de iMATUS para impulsar proxectos de investigación con impacto real no ámbito empresarial, favorecendo unha formación doutoral de excelencia en contornas altamente innovadoras e estreitando os vínculos entre universidade e empresa.