O iMATUS vén de renovar a certificación do seu Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo conforme á norma ISO 45001:2018. Este recoñecemento, outorgado por AENOR e avalado internacionalmente a través da rede IQNET, acredita que o instituto mantén un sistema eficaz para a prevención de riscos laborais e a promoción dun contorno de traballo seguro e saudable para todo o seu persoal investigador, técnico e en formación.
A certificación abrangue as actividades de investigación, desenvolvemento, innovación e formación técnica, así como a realización de ensaios de caracterización de materiais.
Esta renovación é o resultado do esforzo e da implicación de todo o equipo. O compromiso diario do persoal co cumprimento dos procedementos de seguridade e saúde no traballo foi fundamental para acadar este novo recoñecemento, que reforza o marco no que o iMATUS desenvolve a súa actividade.