O profesor da Universidade de Pensilvania César de la Fuente impartiu este xoves 23 de maio unha conferencia sobre “A intelixencia artificial e o descubrimento dos antibióticos”. Profesor da Universidade de Pensilvania (Estados Unidos) onde dirixe o Machine Biology Group, cuxo principal obxectivo é desenvolver novos antibióticos mediante ordenadores. É licenciado en Biotecnoloxía pola Universidade de León e doutor en microbioloxía e inmunoloxía pola Universidade da Columbia Británica (Canadá). Realizou estadías de investigación e formación en centros destacados como o Massachusetts Institute of Technology (Estados Unidos).