José Rivas Rey, investigador de iMATUS, abrirá o novo curso académico da RAGC. A apertura terá lugar hoxe 31 de Xaneiro ás 19:00 no Pazo de San Roque. A conferencia estará centrada no campo da nanotecnoloxía co título ‘Nanotecnoloxía: un mundo máis alá dos límites microscópicos’.
José Rivas é doutor en Ciencias Físicas. Despois de realizar unha estadía de investigación no Instituto Max Plank de Alemaña, exerceu como profesor nas universidades de Valladolid, Burgos e Murcia, ata que en 1982 acadou a cátedra de electromagnetismo na USC, onde comezou unha nova etapa relacionada coa nanotecnoloxía e o desenvolvemento de nanomateriais de interese tecnolóxico.
Como resultado das súas investigacións, desenvolvéronse varios métodos para a preparación de nanomateriais patentados en USA, Asia e Europa. Foi un dos responsables da posta en marcha do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, organismo internacional con sede en Braga para a investigación en nanociencia e nanotecnoloxía; é membro científico cofundador da Rede Española de Nanotecnoloxía e do Club Español de Magnetismo, o cal presidiu entre 2009 e 2011. Ademais, foi decano da Facultade de Física da USC e director do seu departamento de Física Aplicada. Tamén é autor de máis de 400 artigos en revistas científicas internacionais de prestixio